Comarcas Vigo al minuto

@AsNevesConcello precisa a axuda de enxeñeiros, arquitectos, fontaneiros, avogados ou electricistas para reconstruir a vila

O Concello das Neves pide axuda para reconstruir a vila logo do incendio que afectou ás súas 13 parroquias e ao 90% do territorio municipal.

Arderon as 13 parroquias de As Neves #QueimanGalicia

Publiée par vigoalminuto.com "tu periódico digital" sur Lundi 16 octobre 2017

En concreto, o Concello sinala que precisa fontaneiros, electricistas, enxeñeiros, arquitectos, fontaneiros, programadores informáticos ou avogados que “poidan botar unha man de xeito altruísta”.

As Neves ten, coma xa informou vigoalminuto, problemas que van dende a necesidade de rexenerar o chan queimado, evitar que o mesmo chegue aos ríos; familias que perderon as súas casas, dificultades co subministro de electricidade, coa cobertura de telefonía móbil, mesmo co funcionamento dos teléfonos fixos; veciñas e veciños que quedaron sen traballo, sen os seus negocios ou empresas.

Esto fai que o Concello pida a axuda, especialmente de enxeñeiros agrónomos e forestais, biólogos e avogados que axuden aos veciños na solicitude e tramitación de axudas o una presentación de denuncias.

También te puede interesar