Sucesos Vigo al minuto

Representantes sindicais do persoal de Sanidade ‘ocupan’ o edificio do Servizo Galego de Saúde en Vigo

Representantes sindicais do persoal da Sanidade de Vigo ocupan dende preto da 1 da tarde o edificio administrativo do Servizo Galego de Saúde (Sergas), na rúa García Barbón. Trátase, segundo comunica a CIG, dun “acto en reivindicación da recuperación de dereitos no sector”.

A central subliña que os traballadores manterán unha xuntanza con Recursos Humanos, polo que permanecerán aínda un tempo no interior do inmoble, en cuxa fachada despregaron unha faixa.

Te podría interesar