O parou baixou en Galicia en 19.800 persoas no terceiro trimestre do ano e a finais de setembro había 181.700 galegas e galegos sen traballo, segundo os datos da enquisa de poboación activa (EPA) que publica este xoves o Instituto Nacional de Estatística (INE).
O número de ocupados en Galicia medrou en 23.600, un 2,25%, ata chegar a 1.072.500 e a taxa de ocupación estaba a finais do verán no 45,8%.