O Concello de Redondela está a executar na parroquia de Cabeiro a obra acordada polo Consello Parroquial, con cargo aos orzamentos participativos, consistente no ensanche do Camiño Campiño.
As obras, que estarán rematadas a semana que ven, estase a realizar nunha curva na subida ao colexio de Cabeiro “polo que resulta moi importante a seguridade nesa zona”, sinalou a concelleira de Vías e Obras, María José Barciela.
Para poder ampliar esta calzada estase a construír un muro de 36 metros de lonxitude e 2 metros de altura que sosterá a estrada que gañará, deste xeito, 2 metros mais de ancho.