O 061 asistiu durante a fin de semana a 78 persoas debido a 55 accidentes de tráfico ocorridos nas estradas galegas ende as 3 da tarde do venres pasado, día 27, e as 12 menos un minuto da noite deste domingo, día 29.
A Central de Coordinación do 061 recibiu nestes días 66 chamadas en relación cos accidentes de tráfico. Estas alertas xeraron 55 asistencias sanitarias por parte do persoal do 061 que atenderon un total de 78 persoas.
Os recursos sanitarios mobilizados polos médicos que atenderon as chamadas na Central de Coordinación do 061 foron 74. Así, a ambulancia medicalizada acudiu en cinco sinistros, o helicóptero medicalizado asistiu en dous accidentes, as ambulancias asistenciais mobilizáronse en 60 sinistros e os médicos de Atención Primaria que medicalizan as ambulancias asistenciais do 061, no caso de necesitalo, prestaron asistencia sanitaria en seis accidentes. As ambulancias convencionais acudiron nun sinistro.
En 70 casos os feridos foron trasladados aos centros sanitarios correspondentes, en sete ocasións atendeuse no propio lugar do incidente e unha persoa faleceu no punto do accidente.