O Goberno de Galicia ‘non ten constancia’ de que as choivas destes días arrastrasen cinzas dos incendios aos ríos e rías.
Segundo declarou este sábado aos xornalistas a conselleira do Mar, Rosa Quintana, na presentación do novo portal electrónico da Federación de Confrarías de Pescadores da Coruña, o Goberno galego ten técnicos contratados “facendo observacións diarias” polas zonas con “maior perigo”.
Quintana subliñou que os servizos de gardacostas e as confrarías de pescadores están a colaborar no control desta circunstancia: en especial vixían as desembocaduras dos ríos Miñor e Verdugo, unhas das áreas máis castigadas pola vaga de incendios.