Drons da Axencia Galega de Emerxencias están na procura de Julio Fernández, de 90 anos que desapareceu o sábado pola mañá en Allariz.
Xunto a eles, hai despregado un operativo integrado por axentes da Policía Local e voluntarios de Protección Civil, coordinado pola Garda Civil, as que se sumaron veciños do home e mesmo piragüistas que están a rastrexar o río.