O voceiro do grupo popular no Parlamento de Galicia, Pedro Puy Fraga, vén proponer aos grupos da Cámara que a mesma aprobé e que se lea no Pleno, unha declaración institucional en relación coa situación de Cataluña.
Pui Fraga quere que o Parlamento aprobe “a vixencia da Constitución e as actuacións que os poderes do Estado están a facer para recuperar a normalidade institucional e constitucional na comunidade autónoma de Cataluña”, o que implica dar a súa conformidade á aplicación do artigo 155 da Constitución, e as medidas xurídicas que adoptou o Goberno do Estado–entre elas o cese do presidente da Generalitat e do seu Govern, a disolución do Parlamento u o relevo do máximo cargo dos Mossos d’Esquadra, entre outras-.