Galicia

@Xunta convocará unha oferta de emprego de 3.400 prazas o ano que ven

O Goberno de Galicia convocara en 2018 unha oferta de emprego público de 3.400 prazas que se suman a outras tantas previstas para este mesmo ano.

Foi o conselleiro de Facenda quen o anunciou este luns no Parlamento de Galicia durante o debate do proxecto de lei de orzamentos para o ano que ven.

Valeriano Martínez adiantou que fará unha proposta aos sindicatos para que  haxa 3.400 prazas para 2018, no marco dunhas 14.750 prazas até 2020 o que suporá, salientou, que se crearán “ao redor de 7.000 postos públicos de calidade”.

También te puede interesar