Oficina de Dereitos Sociais de Coia (ODS) ven de reiterar, en relación co alumeado de Nadal de Vigo que hai xa dus anos que levan denunciando, con campañas coma #LuzEeCalorParaTodas, a dilapidación que supón o mesmo que, subliñan, sinala que o Goberno local, “lonxe de recuar nas súas políticas antipersoas teima en facer de Vigo un parque temático ao gusto da industria turística”, e afirman que nestas festas “a factura que pagaremos vai ascender, polo momento, a case 800.000€- deles 636.000 en alumeado e 135.000 en decoración de Nadal-“.
ODS denuncia que o alcalde “dinnos que Vigo está en competencia coas grandes cidades do capital: Nova Iorque, Londres, Tokio, Barcelona… ‘Cidades globais’ nas que moitos movementos veñen denunciando os problemas de acceso á vivenda que sofre a veciñanza” e que en Vigo estase a falar dunha “nova burbulla no sector, cun incremento no prezo das vivendas” e, “só na nosa contorna dúas compañeiras están pendentes de despexo”. A elas, engade a Oficina de Dereitos Sociais, “agardamos non ter que engadir a unha familia, perceptora de Renda de Inserción Social de Galicia (RISGA), que finaliza o contrato de alugueiro sen máis horizonte que as rúas da cidade, posto que o mercado só oferta vivendas impagables cos seus ingresos”.
ODS subliña que mentres cunha man prendense as luces, coa outra pechanse servizos como a Oficina de Inmigración ou a Casa da Xuventude, “por non falar da insuficiencia de persoal nos servizos sociais que conleva atrasos en axudas tan perentorias para moitas persoas como a RISGA”.