Vigo contará este Nadal con 400 rúas e prazas iluminadas cun total de 6.000.000 millóns de puntos de luz, 885 arcos e máis dun centenar de árbores naturais iluminados, aos que se suman outros trinta artificiais.
O alcalde, que prenderá este sábado ás 7 da tarde, na Porta do Sol, o alumeado destas festas, sinalou que haberá 45 figuras de chan de ata 5 metros; 3 árbores de gran formato; 6 amendoeiras de 8 e 6 metros, en Gran Vía e Carlos Oroza; 4 sombrillas, na Praza Independencia, na da Pedra, na da Constitución e no cruce de Colón con García Barbón e Policarpo Sanz; iluminación de Museo marco, a Casa Galega da Cultura e a Casa das Artes; así como iluminación especial nas rotondas da Praza América e da Praza de España.
Como “elementos especiais”, destacou a bola instalada na Farola, con 12 m de diámetro e 14 de alto, 4.000 kg de peso, 45.000 puntos de luz e unha potencia de 12.500 watios, e o árbol de 32 metros – o do ano pasado foi de 25-, un diámetro de 12 metros, 20.000 quilos e unha potencia de 20.000 watios. Haberá ornamentación vexetal e non vexetal na rúa Príncipe, con 5 ubicacións diferenciadas, incluídas a Porta do Sol, Eduardo Iglesias e a Praza da Constitución.
Tal e como explicou, Papá Noel chegará a Vigo o día 2 para atender aos nenos e nenas na súa casa, instalada tamén na rúa Príncipe.
Este ano, o Concello, ademais das figuras iluminadas da Concatedral, inaugurará a próxima fin de semana un Belén instalado na Casa das Artes un Belén que ocupa unha superficie de 100 metros cadrados.