O presidente do Goberno de Galicia advertiu este xoves, logo da xuntanza semanal do executivo que o mesmo está a prepararse para afrontar “unha posible situación de emerxencia” debido á seca.
A xuizo do presidente Feijóo, que compareceu ante os xornalistas acompañado da conselleira de Medio Ambiente, esta circunstancia é “máis que probable”, dado que nas previsións meteorolóxicas só se agardan chuvascos e so no norte de Galicia.
O xefe do Goberno, quen cualificou a situación de “moi preocupante”, informou que queda auga para subministrar ás casas para os vindeiros 90 días, que poderían ser menos se non se toman xa medidas para aforrar auga que, salientou, son “imprescindibles”.