É a segunda vítima de hoxe nas estradas de Galicia
Leer más@regades pecha a súa campaña á secretaria xeral dos socialistas da provincia cun acto a prol da Igualdade
David Regades pechou este venres a súa campaña de cara a elección,o vindeiro domingo, día 3, do próximo secretario xeral dos socialistas na provincia cun acto a prol da Igualdade, na Alameda de Pontevedra, no que estivo acompañado por destacadas militantes do Partido dos Socialistas de Galicia, entre elas a alcaldesa do Porriño, Eva García de la Torre, a concelleira de Benestar de Vigo e deputada responsábel de Igualdade da Deputación, Isaura Abelairas, a tamén deputada Digna Rivas, o actual secretario xeral dos socialistas da provincia, Santos Héctor, amais de concelleiras de distintas vilas de toda Pontevedra.
O candidato lembrou que na actualidade, en todo o mundo, menos dun 8% dos seus países están dirixidos por mulleres, o 20% dos cargos directivos das empresas españolas están ocupados por mulleres, ou menos do 38% dos postos executivos dos partidos políticos, e iso que “as mulleres representan máis da metade da poboación e son o 60% das persoas que se gradúan na universidade”.
Regades expuxo datos arrepiantes coma que 215 galegas son vítimas das violencias machistas; o feito de que o Ministerio de Interior contabilizou 10.844 delitos contra a liberdade sexual no ano 2016; que un estudo realizado entre 1.200 mozos de entre 15 e 29 anos pon de manifesto que o 27,4 % deles considera que a violencia de xénero é unha conducta normal na parella, un de cada 3; que o acoso escolar a través das redes sociais representa 1 de cada 4 casos e no 70% das ocasións a vítima é unha muller ou que as mulleres gañan ata un 15% menos que os seus colegas masculinos en todos os países da OCDE.
“Por estas e por mais razón temos que dar un impulso cara á igualdade. Todas e todos imos loitar por unha sociedade máis decente. O socialismo aposta polo desenvolvemento dunha sociedade sá, dunha sociedade xusta, dunha sociedade igualitaria, en definitiva dunha sociedade más democrática”, sinalou o candidato.
Entre as súas propostas, unha vez que empece a traballar a nova directiva do PSdG-PSOE na provincia pasan polo fomento da igualdade de oportunidades, a implantación da perspectiva de xénero, a “visibilización e empoderamento das mulleres en todos os eidos, o político, o empresarial, o laboral, o rural, o cultural, o deportivo”, a loita contra a violencia machista, unha batalla, que salientou David Regades, “precisa recursos, que só as e os socialistas temos posto recursos e esforzos neste eido, concienciar, formar, previr…non podemos esperar a lamentar mais asasinatos”.