O número de persoas anotadas nas oficinas de emprego de Galicia aumentou o mes de novembro en 1.272 en relación co mes de outubro, o que é un 0,68% máis.
Segundo datos do Ministerio de Emprego e Seguridade Social difundidos este luns, en Galicia había a día 30 do mes pasado 187.175 persoas sen traballo.