Ciencia y Tecnología Galicia

165 entidades galegas sen ánimo de lucro inician a contratación de 252 desempregados menores de 30 anos

165 entidades sen ánimo de lucro iniciarán a contratación de 252 desempregados menores de 30 anos co obxectivo de proporcionarlles unha experiencia e práctica profesional que lles facilite a súa inserción no mercado de traballo.

As axudas, por importe de 3 millóns de euros que vén de resolver a Consellería de Economía, Emprego e Industria, forman parte do sistema de Garantía Xuvenil e inclúen apoios ás entidades que oscilan entre os 8.617 e 17.234 €. As mesmas, polo tanto, van dirixidas ás entidades sen ánimo de lucro inscritas no Rexistro Único de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais, preferentemente no eido da discapacidade e/ou risco de exclusión social.

O fin último do programa é a contratación de persoas menores de 30 anos que realizarán fundamentalmente servizos de carácter social relacionados co ámbito da discapacidade e a atención ás persoas maiores, nenos ou persoas en risco de exclusión social.

Así mesmo, as persoas contratadas poden realizar labores de carácter empresarial, culturais, deportivos, de tempo libre e vinculados á mocidade en xeral. As persoas contratadas deberán estar desempregados e inscritas no ficheiro do Sistema de Garantía Xuvenil.

Te podría interesar