Comarcas

@depo_es organiza en Tui, Cambados e Pazos de Borbén sesións informativas sobre teleasistencia domiciliaria

A Deputación de Pontevedra organiza para a vindeira semana tres novas sesións informativas, dirixidas ás veciñas e veciños e a técnicas e técnicos municipais de Tui, Cambados e Pazos de Borbén sobre a teleasistencia domiciliaria, servizo que a institución provincial financia en colaboración cos concellos da provincia.

A primeira delas terá lugar en Tui, concretamente no Centro Sociocomunitario da vila o vindeiro luns, 11 de decembro ás 19.00 horas. O martes, 12 de decembro, terá lugar a segunda xornada da semana ás 17.30 en Exposalnés de Cambados e a última terá lugar o xoves, 14 de decembro, ás 17.00 no Salón de actos do concello de Pazos de Borbén.

Estas charlas informativas, cunha duración aproximada dunha hora, teñen por obxecto dar a coñecer á veciñanza a importancia do servizo para previr situacións de risco. Así, ata o momento foron quince concellos os que solicitaron que se leve a cabo a sesión informativa: Baiona, Barro, Cambados, Cerdedo-Cotobade (unha en Cerdedo e outra en Cotobade), Cuntis, Forcarei, O Grove, Meis, Pazos de Borbén, Ribadumia, Salceda de Caselas, Sanxenxo, Tui, Ponte Caldelas e Valga.

O servizo de teleasistencia domiciliaria da Deputación de Pontevedra ampara na actualidade a un total de 465 persoas, das que preto dun 75% son mulleres. Esta iniciativa permite a persoas de avanzada idade ou con algún tipo de diversidade funcional manter a súa independencia e continuar vivindo no seu domicilio con tranquilidade e seguridade, coa consecuente mellora na súa calidade de vida.

Ante unha situación de emerxencia no fogar, con só pulsar un botón, os e as usuarias reciben asistencia inmediata, 24 horas ao día e 365 días ao ano, mobilizando os recursos necesarios para dar solución ao problema.

Isto é posible grazas a un terminal asociado á liña telefónica, que se instala nos domicilios e que permite establecer unha comunicación directa desde calquera punto da casa, similar ao sistema de “mans libres” dos teléfonos móbiles.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.