Galicia

Alerta laranxa nas provincias de A Coruña e Lugo e amarela na de Pontevedra, este xoves por temporal na costa

A Dirección Xeral de Emerxencias da Vicepresidencia da Xunta vén de alertar dun temporal costeiro de nivel laranxa que afectará o litoral de Lugo e da Coruña. Segundo informa a Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET), o episodio comezará a media mañá deste xoves, día 14, na costa da provincia de Lugo e no litoral oeste e noroeste da Coruña.

A partir das primeiras horas da madrugada do día 15, está previsto que chegue tamén á zona suroeste do litoral da Coruña, concreta a Xunta. De acordo coa información da Aemet, espérase mar combinada do noroeste, con ondas de 5 a 7 metros.

Vicepresidencia puntualiza que a alerta amarela estará activa desde as primeiras horas do día 14 nesas mesmas zonas, así como na franxa costeira de Pontevedra.

Te podría interesar