Galicia

Persoal de mantemento do Cunqueiro segue coas mobilizacións antes da folga indefinida que empeza o día 26

Este venres cúmprense dúas semanas que comezaron as protestas do persoal de mantemento do hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo para reclamar un convenio de centro de traballo que iguale as condicións laborais.

Os traballadores de Veolia, a concesionaria do servizo, desenvolveron esta mañá a décima mobilización no recinto hospitalario, durante a que entraron nas oficinas da Xerencia da Área Sanitaria.

Dende o comité de empresa agradecen o apoio amosado por empregados e usuarios do hospital vigués e lembran que teñen convocada unha folga indefinida no servizo que comezará ás 00:00 horas do vindeiro martes día 26.

También te puede interesar