É a segunda vítima de hoxe nas estradas de Galicia
Leer másO Concello de Redondela instalou dous videomarcadores no Pavillón de Chapela e no da Marisma.
Os videomarcadores incorporan unha pantalla led de 10 metros cadrados de última Xeración con múltiples funcións, ordenador de control e dispón dun software de control deportivo multimedia e consola deportiva para manexar os marcadores dende a mesa de cronometradores. Estes videomarcadores son de iguais características e coas mismas funcións que as de estadios de primeiro nivel como o Santiago Bernabeu pero de inferior tamaño adaptado aos pavillóns onde foron instalados.
Os marcadores adáptanse mediante un programa específico a todos os deportes dende futbolsala, balonmano, baloncesto, tenis… atópanse conectados á rede o que posibilita a programación instantánea dos mesmos ou con antelación ao partido.
O importe dos dous videomarcadores ascende a 45.850 euros que foron financiados coa aportación da Xunta de Galicia a través da firma dun convenio coa Secretaria Xeral para o Deporte.
“Seguimos a mellorar as instalacións deportivas de Redondela porque pensamos que os nosos clubes merecen unhas instalacións á súa altura”, sinala o concelleiro de Deportes Julio César Mougán