Entre el 2 junio y el 15 de julio
Leer másA familia de Cunqueiro doa un cadro do escritor lucense ao hospital que leva o seu nome
A familia de Álvaro Cunqueiro realizou a doazón dun retrato do escritor lucense aó Hospital que leva o seu nome. Así, o seu fillo César, acompañado doutros membros da familia, fixeron entrega, este xoves, da obra ao xerente da Área Sanitaria de Vigo, Félix Rubial.
Trátase dun óleo sobre lenzo, de 0.84 x 1,10 cm., firmado na década dos cincuenta polo artista valenciano Néstor Casani e que estaba no domicilio familiar.
A entrega do cadro realizouse nun acto sinxelo, no que tamén estiveron presentes dous facultativos xubilados, o que fóra xefe do servizo de Nefroloxía Luis González e José Sobrado, ambos moi unidos ao escritor e que o atenderon no seu proceso de enfermidade.
No transcurso da da entrega, Cesar Cunqueiro explicou que “con esta doazón queremos expresar a nosa gratitude polo feito de que o novo hospital publico de Vigo leve o nome do noso pai; así como agradecer tamén a labor dos profesionais sanitarios que lle atenderon no último proceso da súa enfermidade, especialmente ao servizo de Nefroloxía e Diálise”.
Ademais, quixo lembrar a especial vinculación do seu pai coa profesión sanitaria e dixo que “era fillo de boticario e mentres residiu en Vigo se rodeou de bos amigos médicos. Escribiu un libro: “Tertulias de boticas prodigiosas y escuela de curanderos” onde fixo unha boa descrición do carácter galego e colaborou con varias revistas de mediciña. Era paciente do Hospital Xeral, onde faleceu, e sempre fixo louvanza do trato que alí recibira”.