É a segunda vítima de hoxe nas estradas de Galicia
Leer másO Consorcio do Casco Vello remata 2017 comprando un novo edificio situado no número 16 de Abeleira Menéndez
O Consorcio Casco Vello de Vigo (CCVV) vén de formalizar a adquisición dun novo edificio situado no número 16 da rúa Abeleira Menéndez. A operación formalizouse por valor de 140.000€ e supón a oitava adquisición dun edificio nesta rúa da zona alta do barrio histórico.
Máis de 400.000 euros o investimento dedicado este ano a compra dos tres edificios, xa que o de Abeleira Menéndez se suma aos previamente adquiridos na Ribeira do Berbés 7 e 41.
Ata o momento actual o Consorcio do Casco Vello de Vigo leva adquiridos 73 inmobles, dos que 54 xa foron rehabilitados e cinco están en execución.
En total, rehabilitáronse 99 vivendas, das que 80 foron vendidas e 10 están ocupadas en réxime de alugueiro. Tamén se rehabilitaron 31 locais comerciais, dos que se venderon seis e oito están ocupados en réxime de alugueiro, estando os 17 restantes en fase de adxudicación.