A Asociación Veciñal de Teis, vén de denunciar o “mal estado do firme da avenida de Dona Fermina, sendo esta a rúa de acceso o Parque da Guía e o estacionamento da 1º Travesía de Foxos”.
Na avenida de Don Fermina, o Concello de Vigo anunciou o 7 de xaneiro de 2015, o seu asfaltado, sinalan dende a asociación vecinal, “levamos agardando polo mesmo desde fai máis de tres anos e chama atención que este anuncio xa foi realizado en varias comparecencias públicas do Alcalde e do concelleiro de Fomento nestes anos incluído en setembro de 2017″, que logo non se executa.
Así mesmo, indican dende a Asociación Veciñal de Teis, o estacionamento público da rúa Purificación Saavedra, “presenta un número importante de fochancas de gran tamaño”, unha situación, que, subliñan os seus responsábeis, fora denunciada en varias ocasións desde xullo de 2016. “Debemos ter en conta que este estacionamento público, usase pola veciñanza que vai mercar ao mercado ou aos comercios de Sanjurjo Badía”.
“Desde a Asociación Veciñal de Teis, levamos meses reclamando o asfaltado de varias rúas e camiño de Teis, debido o mal estado de conservación do firme”.
A Asociación, demanda o asfaltado da Avenida de Dona Fermina, rúa Julian Estevez, avenida de Guixar, rúa Gerardo Campos Ramos, rúa Purificación Saavedra, o estacionamento público da 1º Travesía de Foxos, Santa Tegra, Doutor Corbal tramo final, Baixada a Igrexa.
A xuizo da asociación, “desde o goberno municipal destínanse grandes cantidades do orzamento municipal en remodelar e mellorar rúas, pero logo non son capaces de realizar o mantemento dos viais”, por iso consideran que é necesario a elaboración dun plan para o asfaltado dos camiños e rúas de Teis, “que inclúa como mínimo os viais indicados entre outros”.