A Real Academia Galega deu por iniciado o ‘Ano Ana María Victoria Moreno’, autora que protagoniza en 2018 o Día das Letras Galegas.
Ana María Victoria Moreno, filla dunha malagueña e un toledano e nada de forma circunstancial en Cáceres, viviu boa parte da súa vida en Pontevedra, onde se estableceu logo de aprobar as oposicións a mestra en 1965 despois de impartir clase durante un par de anos no Instituto Masculino de Lugo.
As académicas Marilar Aleixandre e Fina Casalderrey indagan na vida da autora, finada no 2005, cunha biografía que pode consultarse na web da RAG, na que salientan que “toda a súa vida é un exemplo de compromiso coa causa da lingua galega e da xustiza social”,.
Será Pontevedra o lugar no que se celebrarán os actos centrais da homenaxe a María Victoria Moreno o próximo 17 de maio, día no que o Teatro Principal acollerá o tradicional acto académico que porá o broche a un programa que, semanas antes, lembrará á autora no ‘Salón do Libro Infantil e Xuvenil’ baixo a lema ‘Mulleres de Conto’.