A voceira nacional do BNG esixiu este luns ao Goberno de Galicia que dote de 223 millóns de euros aos Servizo de Atención Primaria do Servizo Galego de Saúde (Sergas) e que o faga con unha modificación urxente dos orzamentos, logo da vaga de colapsos nas Urxencias dos hospitais galegos pola gripe.
En rolda de prensa, Ana Pontón pediu a demisión dos responsábeis desta situación e retirada da ‘Lei de Saúde Pública’, impulsada polo presidente Feijóo que, subliñou, “contribúe a desmantelar” a Atención Primaria.
Pontón reclamou, ademáis, que aumente o número de médicos de xeito que cada un deles teña un máximo de 1.200 tarxetas sanitarias; esixiu, tamén, que se acabe coas trabas para que os médicos poidan pedir probas aos especialistas e, finalmente que se substitúa ao 100% dos doutores que causan baixa en Atención Primaria, considerando que a media de idade é xa de 55 anos.