O Concello de Redondela vén de sacar a licitación, por un total de 100.000€ a obra de mellora e restauración da Alameda. A obra a executar recolle diferentes accións sobre un lugar tan céntrico e emblemático: substituiranse as reixas metálicas que bordean os xardíns por beirarrúas de granito; haberá un cambio nos bancos colocando na súas bases pavimento de lastra de granito e se remodelarán algunhas das ramplas para garantir a accesibilidade.
Así mesmo, as xardineiras serán melloradas con bordo de pedra do míesmo material co que se delimitarán os xardíns.
Unha vez rematada a obra se colocará unha placa co nome da Alameda que se denomina dende antes do ano 1960 ‘Alameda Alfonso Daniel Rodríguez Castelao’ feito que moitos redondeláns descoñecen.
“Con esta obra queremos poñer en valor un lugar tan céntrico e importante como a Alameda, pola que tantas xeracións de redondeláns pasearon e que segue a ser o pulmón da vila.Non queremos que se deteriore co paso do tempo polo que é o momento de facer unha importante inversión”, subliña a concelleira de Vías e Obras e Parques e Xardíns, María José Barciela.