Galicia

Sanidade di que a auga de Canido non é apta para o consumo o Concello o nega e di que a Xunta está instalada na calumnia contra Vigo

A Consellería de Sanidade, no marco do programa de vixilancia sanitaria, ven de comunicarlle ao Concello de Vigo e a empresa municipal encargada do servizo de abastecemento os resultados das últimas análises realizadas no punto da rede de distribución de Canido 219 que confirman que a auga non se considera apta para o consumo nesa área de Vigo ao ter superado os parámetros químicos de trihalometanos previstos na lexislación vixente.

Segundo a Xunta, o Laboratorio de Saúde Pública de Galicia detectou un valor de 127 µg/ na mostra recollida o venres 12 de xaneiro polos inspectores farmacéuticos de Saúde Pública no punto da mostraxe Canido 219. Este resultado ven a confirmar o resultado da mostra recollida o día 8 de xaneiro nese mesmo punto, 124 µg/l, cando o valor máximoten que ser de 100 µg/l.

Sanidade engade que  adopta está medida con carácter preventivo, e reclámalle ao Concello e a empresa encargada do abastecemento a adopción de medidas correctoras inmediatas dirixidas a eliminar os riscos potenciais para a saúde da poboación derivados dos incumprimentos que se detectaron na rede de Canido.

Pola súa banda, o Concello, nunha nonta remitida aos medios sinala que “as analíticas realizadas por Aqualia nas que se muestrean os trihalometanos ofrecen un resultado favorable, sempre por debaixo dos 100 µg/l (microgramos/litro) que é o límite establecido pola normativa”.

O Concello subliña que as medicións fanse a diario e envíanse á Xunta dende o pasado día 8 de xaneiro, a última delas a realizada no día de hoxe, e “todas elas con resultados por debaixo dos 100 microgramos/litro”.

O Goberno local remata asegurando que “a Xunta está instalada na política da mentira e da calumnia contra a cidade”.

También te puede interesar