O goberno de Galicia vén de alertar dun temporal de nivel vermello no litoral das provincias da Coruña e Lugo. Segundo informou a Vicepresidencia nun comunicado, a Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet) sinala que a partir do mediodía deste mércores espérase mar combinada do noroeste con ondas entre 8 e 9 metros, no noroeste e oeste da provincia da Coruña e en todo o litoral lucense.
O resto do litoral galego mantense en alerta laranxa con mar combinada do noroeste con ondas que poden superar o 7 metros.