A alerta amarela por neve, activada dende este xoves no interior de Ourense e Lugo, fai necesario circular con especial coidado en diferentes estradas da rede viaria destas dúas provincias.
Segundo informa a Dirección Xeral de Tráfico, hai neve na calzada entre os quilómetros 6 e 12 da estrada LU-633, en Pedrafíta do Cebreiro; tamén é preciso conducir con precaución na OU-122, entre os quilómetros 21 e 26, en Carballeda, neste caso na provincia de Ourense.
Ademáis, por mor da neve, houbo rapazas e rapaces que non tiveron clases este venres e outros que non puideron coller transporte escolar, que non pudo chegar ás súas paradas, concretamente, alumnos do Colexio Plurilingüe da Fonsagrada e do CEIP de Samos, os dous na provincia de Lugo.