A Concellería de Vías e Obras de Redondela, que dirixe María José Barciela, rematará esta mesma semana os traballos de reparación e asfaltado do Camiño Fonte de Saramagoso, na parroquia de O Viso, que contaron cun orzamento de 12.000€.
Este camiño, sinalou a concelleira durante a supervisión dos traballos, atopábase en mal estado xa que non estaba asfaltado e “debido a pendentes as escorrentías provocaban gabias e fochancas de gran profundade”.
Logo destas obras, a superficie quedará asfaltada, con beiravías feitas en formigón para guíar a baixada de augas e que non vaian polo camiño.