Segundo vén de facer público a Dirección Xeral de Tráfico, seis persoas morreron nas estradas galegas o mes pasado, en seis accidentes, unha menos das que perderon a vida no mesmo mes de 2017.
Mentres que nas estradas das provincias de Pontevedra e Lugo descenderon tanto o número de accidentes coma de mortos, na de A Coruña aumentou o número de vítimas mortais de 2 do ano pasado a 5 deste e na de Ourense mantívose un falecido, coma hai 12 meses.