Entre el 2 junio y el 15 de julio
Leer másMedio ambiente tramita ante o Goberno do Estado que as Illas Atlánticas sexa humedal de importancia internacional
A Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio vén de tramitar ante o Goberno do Estado a inclusión do Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia no listado de humidais de importancia internacional.
Así o anunciou este sábado a directora xeral de Patrimonio Natural, Ana María Díaz, durante a inauguración dunha xornada en Sada para celebrar o Día Mundial dos Humidais na Reserva da Biosfera Mariñas coruñesas e Terras do Mandeo.
Galicia ten nestes momentos cinco espazos declarados como humidais de importancia internacional, que suman en total 7.698 hectáreas: a ría de Ribadeo, a ría de Ortigueira-Ladrido, a lagoa e areal de Valdoviño, o complexo das praias, lagoa e duna de Corrubedo e o complexo intermareal Umia-O Grove, A Lanzada, punta Carreirón e lagoa Bodeira.
En total, en Galicia hai identificados máis de 1.000 humidais repartidos de forma maioritaria entre os sectores litorais, as depresións sedimentarias interiores e as áreas de montaña sublitorais e centrais. Por provincias, Lugo sitúase á cabeza ao concentrar o 30% de todos os humidais inventariados na comunidade e o 60,6% da superficie que ocupan.