Corenta profesionais do Complexo Hospitalario Universitario de Vigo (CHUVI) participaron hai uns dias nas sesións acreditadas do curso sobre coidados e humanización, que se celebraron no Hospital Álvaro Cunqueiro. O curso enmárcanse dentro do plan de humanización da UCI que se puxo en marcha desde hai meses e que figura como unha das liñas prioritarias do Plan Estratéxico aprobado para a área sanitaria de Vigo.
As sesións, foron impartidas polos dous máximos responsables do proxecto “HUCI” en España. Por unha banda, o facultativo Gabi Heras, do Hospital de Torrejón, en Madrid. E por outra, o enfermeiro José Manuel Velasco, que traballa no Hospital Universitario Virgen de la Victoria, en Málaga.
O curso HUCI trata de establecer as pautas que deben seguirse dentro dos plans de humanización das Unidades de Coidados Intensivos, de Urxencias e de hospitalización.
Nas sesións participaron facultativos especialistas de área, enfermeiras, TCAEs e anestesistas, ademais dun fisioterapeuta e unha administrativa, que están adscritos aos servizos de UCI, Urxencias e Reanimación do CHUVI.