Comarcas

@ConcelloNigran creará este ano 26 postos de traballo temporal ao abeiro do ‘Plan Concellos’ de @depo_es

O Concello de Nigrán creará este ano a través da liña 3 do  ‘Plan Concellos 2018’ da Deputación de Pontevedra 26 postos de traballo temporal (21 peóns forestais, 2 albaneis e 3 conserxes) entre veciños en paro do municipio, o que suporá un importe total de 230.710,31 € dos que o organismo  provincial aportará 225.333 € e o Concello 5.376,35 € (o salario mensual suporá preto de 900€).

Así, o proceso selectivo  levarase a cabo a través dos Servizos Públicos de Emprego (oficina de Baiona) dentro da máis absoluta transparencia. Acorde ás bases establecidas, darase prioridade ás  vítimas da violencia de xénero, maiores de 45 anos, persoas con familia monoparental con fillos ao seu cargo, persoas cos niveis de renda máis baixas ou ás que teñen cargas familiares. O salario será de 858€/mes, contemplándose 7,5 meses para os desbrozadores e 9 meses para albaneis e conserxes.

Entre as labores que desenvolverán a xornada completa os 21 peóns forestais (perfil ao que atenderá a Oferta Pública de Emprego do Concello de Nigrán) atópase a conservación dos bens municipais, o mantemento das estradas, camiños e roteiros en perfecto estado, poda de árbores ou arbustos, a protección do medio ambiente ou a preservación das instalación escolares ou zonas verdes. A duración do contrato será de 7,5 meses e o salario de 858,55€.

Os dous oficiais de obras integraranse a xornada completa no equipo do Concello co obxectivo de traballar na execución de elementos construtivos, o que inclúe eliminar escombros, carga e descarga de materiais, montaxe e desmontaxe de estruturas temporais, preparación de morteiros, cavar buracos, gabias, acequias… Todo elo con especial atención ao mantemento das diferentes instalacións públicas.

Finalmente, contrataranse tres conserxes durante 9 meses en xornada de 30 horas/semana para o CEIP Carlos Casares, Mallón e da Cruz, en Camos. O seu traballo centrarase no reparto e recollida de correspondencia, fotocopias, escaneado, atención telefónica e presencial, colaborar cos docentes na entrada e saída dos menores, nos recreos ou nas actividades do centro.

También te puede interesar