Cuntis segue cun Inverno de Entroido’, con actos de lecer que comezaron hai semanas e que seguirán ata principio de marzo, cando chegue o II Rallymix Cuntis Vila Termal.
Este venres, día 16 – e ao día seguinte, 17- haberá dous cursos, o primeiro de ‘Cociña Salgada’, ás 6 da tarde,da man do caldense Jorge Gago, gañador do premio ‘Cociñeiro Novo 2017’, xusto antes da ‘Gala do Chapante’, que será ás 9 da noite no Centro Patelas, coa actuación de ‘Chumpá Teatro’; o sábado será o momento da ‘Cociña Doce’, con Tere Rico, pola mañá.
Doutra banda, o memo sábado, as 10 e media da noite empezará ‘Vespaguateque’, que cumpre xa 7 anos, e que na carpa instalada na zona do Espadernal contará coas actuacións de ‘Agustín e os fillos do estramonio’ e, coma estrelas a ‘Los Diablos’.
Será o ‘aperitivo’ da ‘Festa do Lacón con Grelos’, o domingo, día 18, no que Cuntis agarda a milleiros de visitantes e na que exercerá de pregoeiro o humorista, monologuista e actor Carlos Blanco.