Destacados

O Lacón con grelos agarda xa en Cuntis

O Concello de Cuntis xa ten todo listo para celebrar a ‘XXI Festa do Lacón con grelos’, de Interese Turístico de Galicia, e unha das citas culinarias máis agardadas do ano que será este domingo, día 18 de febreiro.

Esta edición terá coma pregoeiro ao humorista, monologuista e actor Carlos Blanco, e na mesma actuarán a Agrupación de Música e Baile Tradicional de Cuntis coa Banda de Acordeóns– que serán os encargados de abrir a festa-, a Banda Xuvenil de Cuntis e Banda de Música de Vilaboa-que tocarán nun concerto conxunto e Galifunk Brass.

As actividades abranguen a Feira de Artesanía e Produtos Agroalimentarios, a XII edición de ‘A Camelia no Lacón con grelos’, a X Mostra de Encaixe Palilleiras no Lacón con grelos; a exposición ‘Casas de Bonecas’, de Manoli Barros; a exposición de Bonsais, de José Francisco Simón e a de ‘Cerámica de Castrolandín’.

Logo do pregón, darase a saída á X Vespalacón, antes do desfile do Entroido Ribeirao, e a actuación do grupo The Bichos Band.

Ás 2 da tarde será o momento central do día: o Xantar e, logo de gozar co lacón con grelos e as filloas, chegará o intre de participar no Velorio e Enterro do Chapante.

También te puede interesar