A Deputación de Pontevedra vén de activar o protocolo de actuación para as brigadas de mantemento da rede provincial de estradas pola alerta de frío. O departamento provincial de Mobilidade comezou a aplicar o protocolo xa este luns pola tarde, en previsión de baixada de temperaturas, e esparexeuse sal pola Cañiza e noutros concellos do centro, principalmente no municipio de A Lama, onde este martes había algúns problemas pola xeada.
Para as vindeiras horas, con previsións de nevadas e acumulación de máis de 4 centímetros de neve por riba dos 400 metros nos puntos máis interiores, as equipas están preparadas para actuar as 24 horas con toda a maquinaria específica xa instalada.
Para dar atención ás zonas nas que se producen máis incidencias a Deputación fixo tamén aprovisionamento de novas partidas de sal para abastecer aos parques da provincia. No de Lalín están a disposición 20 toneladas, outras 18 toneladas en Ponteareas, outras 10 en Pontevedra e outras en Gondomar, que se suman ás que aínda restaban do anterior subministro.