Comarcas

En marcha os traballos de limpeza de 1.500 metros do río Alvedosa nas parroquias de Reboreda e Redondela

Augas de Galicia, organismo dependente da Consellería de Medio Ambiente, está realizando estas semanas, atendendo á demanda feita dende a Concellería de Medio Ambiente do Concello de Redondela, unha limpeza do río Alvedosa.

Os traballos, que se realizan sobre unha lonxitude de 1.500 metros, nas parroquias de Reboreda e Redondela, comezaron a principios desta semana e consisten na limpeza das ribeiras e a retirada de árbores caídas, ramas e restos vexetais que causan atrancos en treitos urbanos e cruzamentos con infraestruturas.

O obxectivo é maior fluidez do caudal do río, que se incrementa en gran medida nesta tempada de choivas, evitando anegamentos nos terreos e propiedades que están preto da beira.

Segundo subliña o concelleiro de Medio Ambiente, Miguel Ángel Álvarez, os traballos estanse a levar a cabo respectando as especies de ribeira e eliminando so aquilo que poida ocasionar problemas para a boa circulación da auga.

También te puede interesar