Galicia

Unha persona morta e 85 feridas, en accidentes de tráfico esta fin de semana nas estradas de Galicia

O 061 asistiu durante a fin de semana a 86 persoas debido a 56 accidentes de tráfico ocorridos nas estradas galegas dende as 3 da tarde do venres, día 2, e as 12 menos un minuto da noite deste domingo, día 4 de marzo.

Central de Coordinación do 061 recibiu nestes días 71 chamadas en relación cos accidentes de tráfico. Estas alertas xeraron 56 asistencias sanitarias por parte do persoal do 061 que atenderon un total de 86 persoas.

Os recursos sanitarios mobilizados polos médicos que atenderon as chamadas na Central de Coordinación do 061 foron 75. Así, a ambulancia asistencial de soporte vital avanzado acudiu en tres sinistros, o helicóptero medicalizado asistiu nun accidente, as ambulancias asistenciais de soporte vital básico mobilizáronse en 59 sinistros e os médicos de Atención Primaria que medicalizan as ambulancias asistenciais de soporte vital básico do 061, no caso de necesitalo, prestaron asistencia sanitaria en oito accidentes. As ambulancias convencionais acudiron en catro sinistro.

En 78 casos os feridos foron trasladados aos centros sanitarios correspondentes, en sete  ocasións atendeuse no propio lugar do incidente e unha persoa resultou falecida no punto.

Te podría interesar