A Concellería de Igualdade, en colaboración co Consello Municipal da Muller, organiza distintos actos para conmemorar en Vigo o “8 de marzo”, Día Internacional das Mulleres.
A proxeccións de filmes, actuación musical de Wöyza, contacontos para cativas e cativos, Pleno específico do Consello Municipal da Muller, visita guiada ao Roteiro Feminino “Sons de Mulleres”, entrega do VI premio de Igualdade “Ernestina Otero”, recital aberto de poesía de xénero, Carreira “Vigo móvese pola Igualdade”, son algunhas das actividades previstas.
Este ano, o VI Premio de Igualdade “Ernestina Otero” recoñecerá a traxectoria de Ana Gandón Menduiña, e entregarase no transcurso dunha cea no hotel Coia o venres 9 de marzo ás 10 da noite.
O Pleno específico do Consello Municipal da Muller terá lugar o día 7 de marzo ás 10 da mañá no salón do plenos do Concello.
A Carreira “Vigo móvese pola Igualdade” sairá ás 11 e media da mañá do domingo, día 11, desde a Porta do Sol. A inscrición gratuíta e pode facerse no portal championchipnorte.com. En total son 4 kilómetros de percorrido polas rúas céntricas de Vigo que pode farces correndo, camiñando ou a paso lixeiro.