Galicia

A Consellería de Infraestruturas investirá 3,5 millóns na construción de 26 vivendas de promoción pública en Vigo

A Consellería de Infraestruturas e Vivenda investirá preto de 3,5 millóns de euros na construción de 26 vivendas de promoción pública na rúa Chantada, coma adiantou este xoves o director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS).

Heriberto García Porto sinalou que o Diario Oficial de Galicia publica hoxe o anuncio de licitación das obras de construción destas vivendas, por importe de 3.393.425,97€ , e da dirección de execución e coordinación de seguridade e saúde da obra por importe de 65.072,51€, tal e como pode comprobarse na seguinte ligazón

García Porto sinalou que o edificio a construír constará dun soto no que se emprazarán as prazas de garaxe, planta baixa con dous portais, vivendas e 26 rochos, e plantas primeira, segunda, terceira e baixo cuberta con vivendas.

Haberá 1 vivenda de 4 dormitorios, 3 vivendas de 2 dormitorios e 22 vivendas de 3 dormitorios. Tres das vivendas de 2 dormitorios estarán adaptadas ao seu uso por persoas con mobilidade reducida. Segundo dixo García Porto, o prazo de execución será de 24 meses e se traballa coa previsión de que poidan ser adxudicadas no primeiro semestre de 2020. 

Os interesados en acudir á licitación teñen a partir de hoxe un prazo de 26 días para a presentación das súas ofertas.

También te puede interesar