Preto de 50 concellos galegos apoian este xoves, día 8 de marzo, á folga feminista convocada por sindicatos e colectivos sociais de toda Galicia, secundando un chamamento feito en 170 países para denunciar a violencia machista, a precariedade laboral ou a brecha salarial.
En Galicia hai hoxe preto de 50.000 mulleres menos que homes incorporadas ao mercado de traballo que cobran, de media, uns 5.000€ menos ao ano, facendo o mesmo traballo; case un 80% dos contratos temporais son asinados por mulleres; a diferencia de salario e de casi un 25% entre homes e mulleres e 9 de cada 10 permisos e excedencias por coidados son asumidos por mulleres.
Nas sete cidades galegas as mobilizacións e concentracións serán: en Santiago (ás 12 na Praza Roxa e 8 da tarde manifestación desde a Praza 8 de marzo), Pontevedra (12,30 h. e 8 da tarde na Praza da Peregrina), Lugo (8 da tarde no Multiusos da Xunta), Ourense (1 da tarde na Praza Maior e 8 da tarde de Subdelegación do Goberno), Vigo (12 en Príncipe e 8 da tarde na Praza de Portugal), A Coruña (7 da tarde no Obelisco) e Ferrol (8 da tarde na Praza Amada García).
Na provincia de Pontevedra: Lalín (12,30 en Praza da Igrexa), O Porriño (12,30 en Praza Antonio Palacios), en Val Miñor (12,00 saídas desde Nigrán, Gondomar e Baiona), Cangas (12,30 e 20,00 en Praza de Concello), Marín (20,30 en casa do Concello) Ponteareas (12,00 en Praza Bugallal), Redondela (12,00 e 19,00 en Praza da Constitución), Moaña (12,30 e 20,00 en Praza do Concello), Illa de Arousa (18,00 marcha desde a lonxa).