'Qué te cuentas?' Vigo al minuto

O Concello abre o luns o prazo de inscripcións para optar ás 750 prazas do “Vigo en Inglés”

O Concello abre o prazo para solicitar unha das 750 bolsas de inglés que oferta este ano aos estudantes de 3º de ESO que queiran pasar un mes no Reino Unido e Irlanda nun programa de inmersión lingüística. Os interesados poden presentar as instancias entre os días 12 e 23 de marzo, ambos incluidos.

Así o trasladou este venres o alcalde, toda vez que o Boletín Oficial da Provincia (BOPPO) publica hoxe as bases e convocatoria deste programa municipal. O goberno local, salientou Abel Caballero, adica máis de 1,7 millóns de euros para a inmersión lingüística do alumnado durante un mes, que as rendas altas abonan nun 25% do custo da praza, polo 15% para as rendas medias e a gratuidade total para as rendas menores.

Para optar, os interesados poden recoller o formulario de solicitude no departamento de Educación no Concello ou descargalo da web vigoeningles.org. O prazo de presentación das solicitudes abre o luns e e pecha o 23 de marzo. Segundo figuran nas bases da convocatoria, os requisitos para obter praza pasan por ter o curso anterior aprobado e un sete de nota mínima en inglés, ademais de estar censado na cidade.

 

También te puede interesar