A Casa de Galicia en Madrid acolleu a presentación da XXVII edición da “ Feira do Requeixo e mel” declarada Festa de Interese Turístico de Galicia que se celebrará e As Neves o día 30 deste mes, venres de Semana Santa, unha cita ineludible da gastronomía galega que enriquece o seu amplo patrimonio natural, cultural e gastronómico.
No acto, o que asistiron preto de cen persoas en diferentes momentos, estiveron o coordinador de Actividades da Casa de Galicia, Ramón Jiménez, -quen o fixo en nome do delegado da Xunta en Madrid, José Ramón Ónega-; o alcalde de As Neves, Xosé Manuel Rodríguez Méndez, o chef Fran Sotelino e o presidente da Cooperativa do Requeixo As Neves, Alejandro Martínez.
Jiménez, tras as palabras de benvida e presentar aos intervenientes, sinalou que a degustación estaba acompañada polos viños das adegas Señorío de Rubiós, Abadía de Tortoreos e Viña Nora.
O chef Fran Sotelino foi o primeiro en falar e explicou, con gran implicación, que “o Requeixo de As Neves por si só xa ten moita forza e personalidade”, e aínda que como cociñeiro séntese un elo máis na cadea final cara ao cliente, para él trátase “dun produto Gourmet, moi versátil”, no tipo de cociña que elabora, xa que se integra moi ben “tanto en pratos salgados como doces”; Na presentación o chef elaborou seis pratos degustación “todos con Requeixo evidentemente”.
Pola súa banda, o alcalde, Xosé Manuel Rodríguez Méndez, lembrou que As Neves está ao sur de Galicia, en O Condado, a só media hora de Vigo e a corenta e cinco minutos de Ourense. É un destino natural, ao que os incendios afectaron moitísimo pero deses días saíu a oportunidade de “reconstruírse e aprender dos erros”.
“Temos boa xente, boas ideas e boa reinterpretación. Estamos orgullosos das xentes de As Neves, do que somos e o que facemos e por iso querémolo compartir, os produtos, as emocións e o tempo”, sinalou. “Innovamos día a día, traballando cos mellores e as mellores, aceptando novas tendencias conservando, con enorme especto, a orixe, implicando ás novas xeracións para medrar”. E por iso o vir a Madrid, para “convidarlles a que nos coñezan e gocen, do Requeixó e naturalmente de As Neves. Alí os agradamos”.