Os concellos de Cangas, Moaña, Vilaboa e Bueu, veñen de convocar aos seus veciños e veciñas a unha concentración, diante do Concello de Moaña, este venres, día 16, ás 8 da tarde, para denunciar o “trato discriminatorio” que están a sufrir por parte do Goberno central polas obras de asfaltado da Ponte de Rande.
A ponte, que fora inaugurada oficialmente polo presidente do Goberno, Mariano Rajoy, o da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, e a presidenta do Congreso e ex ministra de Fomento, Ana Pastor, entre outras autoridades, volve a estar en obras- que non rematarán ata o verán– que obrigan aos conductores que veñen do Morrazo en dirección Vigo a circular so por un carril o que fai, non so que estea ateigado de contado, senón que implica un perigo e un retraso para o paso dos servizos de Emerxencia, coma as ambulancias.