Uns 85 euros mensuais e algunha cuestions ainda non pechadas sobre o resto das demandas dos traballadores– como o pago da cobertura de postos de responsabilidade superior, a consolidación de emprego e as amortizaciones- esta é a diferencia que separa ao Goberno de Galicia e ao Comité de Folga da Xustiza, para acabar cun paro que achégase ao mes e medio de duración.
As dúas partes tentarán chegar a un acordó dende este luns, día 19, nunha nova xuntanza, a primeira dende o pasado 9 de marzo. Daquela o Goberno galego deixara na mesa unha oferta de suba de 105€ ao mes para xestores, tramitadores e auxiliais e mesmo os representantes da Administración galega dixeron ‘sí’ a que unha parte dese aumento empece a pagarse este mesmo ano.
O Comité dixo ‘non’ a esa oferta, que estima insuficiente, e fixo a súa, rebaixando a súa petición a unha suba de 190€ mensuais.