O alcalde anunciou este mércores que xa se repartiron 109.971 tarxetas PassVigo, das que 43.640 xa están en uso. En total hai 72.751 tarxetas bonificadas, 8.128 para estudantes, 23.075 de pensionistas e 5.212 para universitarios: as mesmas poderanse utilizar nas piscinas municipais e o Concello traballa co sector do taxi para poder implementar o pago.
Ademais das tarxetas PassVigo enviadas, por defecto, os vigueses solicitaron 50.813 máis-6.305 a pasada semana-.