A intención dos sindicatos que están no Comité de Folga de Xustiza é sentarse a negociar este luns con representantes do Goberno de Galicia, logo de que os traballadores, en votación segreda, decidisen rebaixar a súa demanda inicial dunha suba de 190€ ao mes para todos os corpos deste sector.
Con estas posturas, que aínda están moi alonxadas, encárase unha nova semana máis de paro en toda a Administración de Xustiza de Galicia sen que ata o degora haxa á vista un posible acordo, logo de 15 reunións.
Os sindicatos, pola súa banda, insisten en que irán a negociar e manteñen a súa convocatoria de mobilización, mañá, día 26, na sede da Xunta, en San Caetano, para que os traballadores dean o seu apoio aos seus negociadores.