A Biblioteca Pública Juan Compañel -situada na rúa Joaquín Yáñez, no Casco Vello- permanecerá pechada, “por motivos de seguridade”, o sábado 31 de marzo.
Na mesma, informan dende o Concello, levaranse a cabo labores de desratización, desinfección e desinsectación, por parte da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.