A federación de Servizos da CIG continúa coa súa campaña de mobilizacións “contra a vaga de despidos e os incumprimentos do convenio colectivo por parte do grupo de alimentación e distribución Froiz na provincia de Pontevedra”, segundo informa o sindicato.
Este martes, un grupo de traballadores e delegados sindicais desenvolveron unha concentración diante dun supermercado da rúa Teixugueiras, en Navia, en sinal de protesta e seguirán coas súas acción en Salvaterra o vindeiro 6 de abril.