Comarcas

@AsNevesConcello vive en directo a elaboración de distintos pratos no ‘I Concurso Receitas con requeixo’

Estudantes de doce escolas de hostelería de Galicia e do norte de Portugal, competiron este martes, dentro das actividades da ‘Feira do Requeixo e do mel’ 2018, en As Neves, no «I Concurso Receitas con requeixo’, celebrado no centro de formación profesional EFA A Cancela.

Pera confitada con requeixo e crema;  Mousse de lima con piña, fresa e requeixo ou  Cheesecake de requeixo con xelatina foron varias das propostas que os futuros cociñeiros tiveron que rematar en 45 minutos, ao tempo que o xurado tiña en conta a súa dificultade, orixinalidade, sabor e presentación.

O nome da gañadora ou gañador se coñecerá este venres, día 30, o día grande da Feira do Requeixo e do Mel, antes da lectura do pregón-que coma adiantara vigoalminutoestará a cargo de Lucía Freitas, do restaurante ‘A Tafona’, de Compostela, e integrante do ‘Grupo Nove’, que cociñará, en directo, na Praza Maior, xusto antes de que chegue o momento da degustación do Requeixo.

O gañador recibirá un premio de 200€, unha fin de semana no hotel da natureza Nande e outra de prácticas nun restaurante; o segundo clasificado terá un premio de 100€ e dúas degustacións de lamprea en dous restaurantes de As Neves e Arbo.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.